La Región
La Región | |
---|---|
Fundación | 15 de febreiro de 1910 (114 anos) |
Lingua | Castelán |
ISSN | 1134-7953 |
Na rede | |
http://www.laregion.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Región é un xornal galego en lingua castelá fundado en 1910 e publicado na cidade de Ourense que segue a distribuírse na actualidade.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Saíu á rúa por primeira vez o 15 de febreiro de 1910. O seu primeiro director foi Manuel Cambón, militar. En 1913 pasou a dirixilo Marcial Ginzo Soto. José Fernández Gallego foi o director de 1930 a 1932. Dende ese ano até 1968 estivo dirixido por Ricardo Outeiriño, e polo seu irmán Alejandro Outeiriño Rodríguez até os anos sesenta. Despois foi presidido por Jose Luis Outeiriño Rodríguez ata a súa morte en 2019.
Conta con seccións dedicadas ás noticias locais das comarcas de Allariz, Baixa Limia, O Carballiño, Celanova, A Limia, Monterrei, Ourense, O Ribeiro e Valdeorras entre outras. Complétase con seccións centradas no resto de Galicia, España, o estranxeiro, Deportes, Economía, Cultura e Sociedade. Ademais conta con delegacións noutras localidades como Verín, Ribadavia, Santiago de Compostela e Madrid.
Segundo o día da semana inclúe suplementos centrados en distintos temas, por exemplo deportes, motor, educación, pasatempos, agricultura e sociedade.
O actual director é Xose Pastoriza Martínez, e Oscar Outeiriño Vila o seu editor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Región |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Región, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Región, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- López García, Xosé; et al. (2001). La prensa diaria en Galicia (1976-2000) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-891-X.
- Valcárcel, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. ISBN 84-505-5721-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.